El alcalde de Foz asegura que «a concelleira nacionalista é a responsable da xestión da residencia desde o pasado 24 de decembro»

s
photo_camera Foto de la rueda de prensa en la que el alcalde de Foz anunció la cesión de la gestión de la residencia al BNG
Cajoto asegura que Foz precisa «un goberno progresista que supere os moitos retos que ten. Non lle pedimos nada ao BNG en contrapartida, só que a partir de agora sexa leal ao acordo»

El alcalde de Foz, Fran Cajoto, informa que la edil nacionalista en el Concello, Zoraida Coira, «é a nova responsable da xestión da Residencia e Centro de Día de Foz desde o pasado martes, día 24 de decembro».

En concreto, Cajoto recuerda que «cedemos a delegación na Residencia e Centro de Día o pasado 16 de decembro, despois do bloqueo á adxudicación polo acordo de Partido Popular e BNG. A concelleira recibiuna o mesmo día e finalmente asumiuna», precisa.

En relación a esta situación, el alcalde asegura que «o voto negativo á proposta da mesa de contratación, ademais do desprezo ao traballo administrativo de tantos meses, trouxo unhas consecuencias económicas moi negativas para o Concello, en concepto de indemnizacións ás empresas que se presentaron ao concurso e ás facturas mensuais de máis de trinta e un mil euros, que pagamos cos fondos de todos os focegos  e nos adebeda a Xunta de Galicia».

El alcalde añade que «tiñamos que superar esta parálise administrativa e agora o BNG ten a oportunidade de levar adiante a xestión que considere,  co compromiso do PSdeG-PSOE de que o único límite estará na legalidade: imos facilitar en todo momento a aprobación dos expedientes conforme ao modelo que plantexen. Hai que poñerse a traballar desde xa, a concelleira Zoraida Coira ten a súa disposición todos os expedientes e as portas dos despachos de Ana Rojo e o meu abertas para todo o que precise».

El regidor también manifiesta que «a pesar das informacións contraditorias do BNG dos últimos días, estamos satisfeitos da rectificación e que a concelleira Zoraida Coira asuma as competencias que ten delegadas».

En este sentido, Cajoto asegura que «o BNG incumpriu o pacto de goberno, non respectando as decisións e a independencia das áreas. En calquera caso creo que é a nosa obriga superar as disensións e pensar que Foz precisa un goberno progresista que supere os moitos retos que ten. Non lle pedimos nada ao BNG en contrapartida por esta cesión, só que a partir de agora sexa leal ao acordo, vixente para toda a lexislatura. Tampouco imos renegociar en ningún caso uns termos que están asinados e en vigor».

Fran Cajoto explica también que «o PSOE de Foz tratou de forma insistente que o Consorcio asumira a Residencia de Foz -da súa propiedade e competencia- pero a Consellería de Política Social bloqueouno. O BNG cambiou de postura 180 graos durante a licitación da concesión, votando en contra no último paso, a adxudicación definitiva do contrato á empresa proposta pola mesa de contratación».

«Quédanos por ver se o Partido Popular vai a colaborar co BNG e o goberno na definición do modelo de xestión da residencia, que parece comparten cos nacionalistas. O que nos demostraron sempre é que adoptan unha postura ou outra segundo quen estea ao cargo en cada momento, non en función do que sexa bo para os veciños. Este é o nivel, ínfimo, ao que nos teñen acostumados», concluye el alcalde.

Comentarios