"A matanza do porco.Cultura e tradición"
11 Novembro 2023
12:00h.
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado 11 de novembro a conferencia “A matanza do porco. Cultura e tradición” que impartirá o Doutor en Antropoloxía Social Xoán Carlos García Porral. O conferenciante ten publicada unha tese na que analiza o proceso de modernización capitalista ao que se veu sometido o sector agropecuario dende a década de 1960, e como na actualidade as comunidades rurais tentan manter a súa identidade social e cultural a través dos antigos espazos agropecuarios.
A actividade, que conta coa colaboración do Concello de O Valadouro e a área de Cultura da Deputación de Lugo, desenvolverase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro a partir das 12.00 e a ela poderán asistir, de maneira libre e gratuíta, todas as persoas que o desexen.
