Ribadeo moderniza la carretera de la costa entre Rinlo y A Devesa, clave para vecinos y visitantes

Carretera Rinlo A Devesa

Ribadeo continúa realizando mejoras en la carretera de la costa en el tramo comprendido entre Rinlo y A Devesa, en beneficio de la vecindad y de los visitantes

El alcalde, Dani Vega, dijo que “seguimos xestionando orzamento para mellorar as nosas infraestruturas. Todos somos conscientes de como se atopaba a estrada da costa. Nunha primeira actuación investimos dende Vilaselán ata Rinlo e agora estamos investindo, mellorando toda esa rede de infraestruturas dende Rinlo ata a Devesa. Toda esta inversión, por un valor de 370.000 euros, o que nos leva é a mellorar unha infraestrutura moi necesaria, que comunica varias parroquias e que tamén nos comunica co concello veciño de Barreiros e actuamos en infraestruturas que estaban realmente abandonadas. A da costa, con pavimento destrozado, ou ao lado mesmo do cámping e do laberinto hai vieiros en terra nestes momentos, cando hai xa actividade emprendedora, cando hai dous establecementos turísticos de importancia, e nunca houbo ningún tipo de mellora ou de inversión, dado que hai un trafico elevado”.

El regidor declaró: “tamén somos conscientes de que desde o inicio de Rinlo, o que lle chamamos nosoutros a variante, é fundamental para aliviar o tráfico de Rinlo. Este é un paso moi importante para trazar unha estratexia conxunta con todos os veciños, coa asociación, que demanda tamén que actuemos no tráfico de Rinlo. Non pode ser que nos meses altamente turísticos Rinlo estea abarrotado de coches mal aparcados e que causan moitos problemas para todos os veciños e veciñas”.

Vega señaló: “por iso quixemos facer as cousas en concordancia coa asociación, é dicir estar falando permanentemente, trazar unha estratexia conxunta de, primeiro aglomerar, arranxar todo o que ven sendo a variante, que comunique directamente cun aparcadoiro que está situado no inicio da estrada da costa, pasando o porto de Rinlo e tamén que libere o tráfico para comunicar directamente coa estrada da costa. É unha inversión moi necesaria: actuamos na variante de Rinlo, na estrada que comunica o aparcadoiro, na estrada que comunica directamente coa da costa, e en toda a estrada da costa, dende o porto ata Meirengos”.

Para el alcalde de Ribadeo, “estamos diante dunha actuación que ten unha importancia relevante, que estamos mellorando as infraestruturas que teñen unha inxección económica para a Ribadeo, estamos traballando tamén nun dos sectores máis importantes, que é o turismo, e tamén para mellorar unha infraestrutura da que se benefician todos os veciños e visitantes. E, en consecuencia esta inversión que aporta a Xunta de Galicia, esta cantidade importante de 320.000 euros, máis unha pequena achega que fai o Concello de Ribadeo, traballando nunha estratéxica, conxuntamente, con lealdade institucional, entendendo que as administracións están para investir, para mellorar as nosas infraestruturas e así que Ribadeo siga avanzando”.

Dani Vega subrayó: “estamos satisfeitos do traballo que se está a facer, moi satisfeitos de que esta estrada en 2 anos toda ela dende Vilaselán á Devesa estea arranxada, porque levábamos moitos reclamándoa e levábamos moitos anos cunha vía totalmente destrozada e hoxe xa a temos preparada para que luza perfectamente para visitantes e veciños. Seguimos xestionando orzamento para que Ribadeo siga avanzando”.