A programación da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará desde o día 29 deste mes ata o 1 de outubro, inclúe como novidade o Faba Fest. Será o venres pola noite no Campo dos Bolos e contará coa actuación do Grupo Beatriz e dos DJ Pedro Brmudz e Litainer, con entrada gratuíta. Ademais, o programa inclúe outras actuacións musicais, degustacións e venda de fabas, exposicións e demostracións de artesáns, showcooking, cata de viño, tren turístico, concentración de vehículos clásicos e outras actividades.
O xoves 12 de outubro terá lugar o Mercadiño de Outono, que seguirá a liña dos celebrados no Nadal e na primavera e que contará con postos de alimentación, artesanía, libros solidarios. Como novidade, participarán tres obradoiros artesáns que realizarán demostracións en vivo: de cestería, a cargo de María del Carmen Otero, de cantería, con Xosé Luis López, e instrumentos musicais impartido por Xoán Manuel Tubio (Xaneco).
A segunda edición do Son Urbán, unha xornada para dar a coñecer a cultura urbana aberta á mocidade e á poboación en xeral, traerá a Barreiros o venres 13 de outubro a un artista consagrado no panorama musical actual como é Grande Amore. Acompañarano os artistas Tempo Norte, Dj Rapariga, Tor4 (Brasil), Fishman e Dj LaRock, amenizando este último os obradoiros de Football Street e Breaking, modalidade que será por primeira vez olímpica nos vindeiros Xogos.
O sábado 14 celebrarase o día da bicicleta, cunha pequena ruta con saída e chegada na Praza do Concello, onde, ao remate, as crianzas poderán disfrutar con xogos e unha merenda final. No evento colaborará a asociación deportiva Augas Santas.
Para finalizar a Ponte de outono estrearase a curta Hippocampus producida por Nuno Pico, dirixida por Xaime Miranda e rodada no concello de Barreiros. Realizarase un coloquio ó remate coa presenza de diferentes membros da produción.