Barreiros contará cunha biblioteca rural en San Xusto

Biblioteca rural San Xusto
O acto de inauguración terá lugar mañá, martes 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas, ás 11:30 h no local social de San Xusto.

No acto intervirán a alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de Dinamización Veciñal, Dani García; a directora do Obradoiro de Emprego Vilas Coidadoras, Ana Belén Vázquez, e unha representante da Asociación veciñal da parroquia.


Este proxecto foi executado polo Obradoiro de Emprego e será xestionado coa colaboración da Asociación veciñal.

Comentarios