Presentada en Cervo a I Carreira Popular Maruxaina

carreira Maruxaina
As pistas de atletismo da Veiga serán estreadas oficialmente o próximo 1 de novembro coa I Carreira Popular Maruxaina, organizada polo Club Deportivo San Ciprián e polo Concello de Cervo.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Deportes, David Rodríguez, e por varios integrantes do Club Deportivo, na propia instalación que xa recibiu o certificado de homologación que acredita que reúne as condicións regulamentarias para a práctica do atletismo e a homologación das marcas que nela obteñan os deportistas.


As persoas interesadas en participar xa se poden inscribir a través desta ligazón nas diferentes categorías, tanto para menores, cuxa saída está programada para as 11 h, como para a proba absoluta, que será a partir das 12 h.


A I Carreira Popular Maruxaina será a primeira competición de carácter oficial que acollerán as novas pistas de atletismo, cuxa inauguración está prevista para o próximo 31 de outubro.


Desde o Concello de Cervo animan aos afeccionados e profesionais do atletismo a que se anoten a esta carreira, que será unha primeira toma de contacto coas novas instalacións que temos o privilexio de ter no noso municipio.


Haberá trofeos para todas as categorías e de regalo unha camiseta técnica para os/as 150 primeiros/as inscritos/as.

Comentarios