Descontos do 80% na compra de material e en actividades deportivas para familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos co Bono Deporte

bono deporte xunta
O bono proporciona descontos do 80% en máis de 700 establecementos asociados, cubrindo gastos relacionados co material deportivo e actividades. Preséntase como unha ferramenta para impulsar o deporte base e os valores deportivos entre a xuventude, complementando a outras iniciativas da Xunta con obxectivos similares, coma o Programa Xogade.

Do Bono Deporte da Xunta poden beneficiarse todas as familias con nenos e nenas de 6 a 16 anos que teñan licenza federada ou que participen no Programa Xogade. 


A descarga do bono poderá realizarse ata o 29 de febreiro. Unha vez descargado, a contía queda reservada e poderá empregarse en calquera momento ata o 1 de xullo nos máis de 700 establecementos adheridos á iniciativa.


Para poder realizar a descarga dos bonos é preciso darse de alta na web bonodeporte.gal, unha vez recibido un SMS de validación, xa se pode activar e descargar nunha aplicación wallet o bono en formato dixital a través dun código QR.


O bono desconta un 80% do custo de cada compra ata esgotar o importe. A contía vaise reducindo en función do valor da compra realizada (IVE incluído). Permite financiar a compra de material e equipamento e a realización de actividades deportivas, como a cota dos clubs, clases, monitores ou cursos.


O desconto realizarase amosando o código QR no momento do pago nos establecementos comerciais e entidades deportivas ou prestadoras de servizos adheridos á iniciativa, que estarán identificados ademais cun distintivo da campaña. 


A entidade accede á aplicación que, sobre o importe total, validará e calculará o prezo final co desconto. Deste xeito, a plataforma rexistra e desconta o bono e actualiza o wallet do cliente. 


A cidadanía pode empregar tamén o enderezo electrónico [email protected] para trasladar as súas dúbidas e suxestións.


Co Bono Deporte preténdese potenciar a vida saudable dos nenos e nenas, que socialicen entre eles e medren con saúde. Ao mesmo tempo, esta medida supón unha axuda para as familias nos gastos relacionados co práctica deportiva dos seus fillos e fillas. 


Supón ademais unha ferramenta para fomentar o deporte base e os valores do deporte entre a rapazada, que complementa outras iniciativas da Xunta co mesmo obxectivo como é o caso do Programa Xogade. 

Más en Contenido Patrocinado