Descarga aquí o especial das festas patronais de Ribadeo

NOTICIAS AQUI DIARIO (28)

As festas patronais de Ribadeo na honra de Santa María do Campo xa están aquí e, desde este diario, quixemos celebralas realizando un extenso suplemento especial que poderá descargarse en PDF. 14 páxinas con todas as actividades programadas e cun amplo abano de protagonistas destas festas e textos sobre o municipio

 

Co presidente da comisión, Juan Luis López Vivas, descubriremos o traballo que hai detrás da organización dunhas festas da patroa, ademais de coñecer as novidades máis importantes que presentan estes festexos. O alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, fala das súas primeiras lembranzas das patronais e doutras festas que decorreron durante un verán ribandense cheo de novidades musicais. Pola súa parte, Carmen Cruzado, presidenta de Acisa, fai balance da tempada estival para o comercio de Ribadeo e avanza algunha das campañas que están por vir no último trimestre do ano. A concelleira de Turismo, Marta Saiz, ofrécenos datos das persoas que pasaron pola oficina de turismo, da ocupación hoteleira etc., destacando que foi un verán de récord para o sector e anunciando algunhas das liñas que seguirá o equipo de goberno no referido á planificación turística a curto e a longo prazo. Ademais, incluímos a entrevista con José Carlos Rodríguez Andina, exalcade do municipio, que foi o encargado de ler o pregón este ano. Por último, Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes, fai un repaso de todas as actividades deportivas que se enmarcaron no programa destas festas, como o partido en Breogán e FC Porto, un dos pratos fortes. 

 

Así mesmo, neste descargable poderán consultar unha detallada programación, así como pequenas reportaxes sobre os espazos naturais do concello, as propostas de lecer que nos ofrece a ría de Ribadeo, o auxe que están a vivir as orquestras este verán, o Real Club Náutico, ou un paseo pola gastronomía e os locais de restauración ribadenses

 

 

 

Más en Especiales