El PP califica de «tomadura de pelo» el estado de las carreteras de Folgoso do Courel

FOTO LU-P5601 Parderne, Folgoso do Courel (6)
photo_camera Tramo de la LU-P-5601 en Paderne
Ameijide afirma que «Tomé abandonou aos veciños»

Antonio Ameijide, portavoz provincial del PP, y Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel, afirmaron que «Tomé abandonou aos veciños de Folgoso do Courel ao abandonar por completo as estradas provinciais neste municipio». Ameijide lamentó que «PSOE e BNG tenten acusar á Xunta de abandonar este concello, cando é a administración que se puxo a traballar dende o primeiro día para solucionar o corte dunha estrada autonómica, mentres que José Tomé non sabe nin o estado das estradas provinciais no Courel porque hai tempo que non o pisa».

El portavoz de los populares manifestó que «o Concello de Folgoso do Courel é un dos que máis quilómetros de estradas provinciais ten, con 103.214 quilómetros totalmente abandonados, tendo como casos máis graves a estrada LU-P-5601, que, ao seu paso por Paderne, ten un treito de varias decenas de metros no aire, xa que a terra sobre a que se asenta a estrada correu cara abaixo, perdendo así gran parte do apoio que sostén esta vía e afectando incluso a unha vivenda; ademais das estradas LU-P-1303, LU-P-1304, LU-P-1306, LU-P-4501 e LU-P-4701, que están nun estado intransitable e, senón se actúa pronto, ata os veciños van ter que tapar os baches con terra para poder transitar con algo de normalidade».

Lola Castro, por su parte, criticó que «o abandono por parte da Deputación cos seus veciños é maiúsculo, xa que somos un dos concellos que quedou fóra do plan de mantemento das estradas provinciais anunciado para 2025. O peor de todo é que nos tratan como veciños de segunda ou terceira, porque tentan enganarnos co arranxo da estrada LU-P-1301 (conecta Seoane do Courel con Pedrafita), xa que unicamente van actuar na parte da estrada que se atopa no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro».

La regidora también hizo mención «ao convenio para a residencia de Folgoso do Courel, que foi asinado no 2018. O Concello puxo os terreos a disposición no 2019, posteriormente a Deputación de Lugo presentou un proxecto con numerosos erros e, unha vez corrixidos, o Concello resolveu con dilixencia e outorgoulle a licenza municipal a comezos do 2022. O convenio remata en xullo do 2025 e o goberno provincial acumula meses sen responder aos escritos da alcaldesa. Os veciños e veciñas do noso municipio merecen respecto por parte do goberno da Deputación de Lugo».

Comentarios