Cajoto solicita una reunión con la conselleira de Política Social para avanzar en el futuro de la residencia de Foz

070624 FRAN CAJOTO (ALCALDE DE FOZ)

«A xestión do servizo e o benestar de todos os usuarios está garantido co novo contrato, recentemente adxudicado á empresa CK Senior despois dunha licitación aberta, pero debemos avanzar, traballar de forma conxunta entre administracións no futuro da residencia de Foz. En xaneiro do ano 2023 asinamos un convenio entre Consorcio e Concello de Foz segundo o cal a propiedade do edificio da actual residencia pasaría ao Concello, pero os trámites non avanzan», explica el regidor municipal.


Fran Cajoto añade que «o edificio, propiedade do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, está a ser xestionado polo Concello de Foz desde xaneiro do ano 2019. A transmisión da propiedade do edificio permitiría ao Concello solicitar un concerto coa Xunta de Galicia e abaratar o custo a aquelas prazas que se conveñen coa Xunta. Queremos que os prezos se abaraten para os usuarios, por iso ante os atrancos para que a Xunta a xestionase de forma directa buscamos no ano 2023 esta alternativa. En calquera caso as axudas de emerxencia social sufragadas por todos os focegos evitarán que unha persoa se quede fóra por non ter pensión ou recursos económicos para afrontar o custe da praza, axudas que aumentamos este ano en 240.000 euros, ata os 270.000».


El alcalde de Foz quiere tratar con la conselleira de Política Social la transmisión de la propiedad del edificio y las alternativas para aumentar un servicio que es claramente insuficiente: «temos que traballar de forma conxunta para ofrecer o servizo que necesita Foz. Con 40 prazas na residencia e máis de 150 en lista de agarda estamos moi lonxe das necesidades do noso Concello. A poboación envellece e non estamos preparados, a residencia é moi pequena para un concello coma o noso. Necesitamos máis prazas, que a Xunta de Galicia invista na ampliación da actual residencia. Unha solución podería pasar por aproveitar as instalacións do vello asilo e evitar a ruína do edificio, aínda que habería que superar moitos atrancos ao ser de propiedade privada, da Fundación Martínez Otero».

Comentarios