Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas de Lugo, señaló que «respecto á situación do pavillón deportivo do Colexio de Paradai, hai indignacion pola parte do servizos técnicos coas declaracións do delegado da Xunta de Galiza con respecto as obras deste centro escolar, dado que afirma que as arquetas non están limpas e que as goteiras do pavillón son meras cuestións de mantemento» «O sistema de recollida de augas do centro está, segundo indican os técnicos municipais, cun axeitado mantemento, e as goteiras se producen por non ter capacidade para xestionar a auga da choiva, eiva que ten que ser corrixida por parte da Xunta de Galicia, ao non tratarse de mantemento da instalación», agregó.
Penas subrayó que «a Xunta ten que arranxar a cuberta e solucionar as goteiras que supoñen molestias entre as e os usuarios da instalación. Non se trata só da comunidade educativa, senón dun importante número de equipos de distintos deportes que usan este espazo para adestrar».