El PP de Lugo preguntará en el próximo pleno se el Concello está «preparado tecnicamente para a lectura remota de contadores de auga intelixentes e se conta xa cunha plataforma dixital que permita recibir e procesar os datos de consumo dos fogares». La concelleira Silvia Colmenero afirma que «PSOE e BNG levan 25 anos gobernando Lugo e a única novidade no servizo da auga foi subir o recibo este ano».
Colmenero considera que «os principais contratos do ciclo da auga están caducados desde hai 14 anos, a brigada municipal está desmantelada, as fugas e avarías tardan días en reparase, o rural segue sen abastecemento nin saneamento e o sistema de reutilización leva 14 anos sen empregarse».
La concelleira popular señala que «a poucos meses de que a normativa estatal obrigue á substitución de todos os contadores con máis de 12 anos de antigüidade (Orde ICT/155/2020), o goberno local segue sen dar unha resposta clara sobre se Lugo está preparado para aproveitar as vantaxes da lectura remota de consumos. Hai que lembrar que o prazo para cambiar estes dispositivos empezou en 2020 e finalizará en outubro de 2025». «É incomprensible que nun contexto no que o Goberno local vén de subir os impostos municipais, incluído o recibo da auga, os lucenses sigan sufrindo un servizo con graves deficiencias e sen mellora ningunha», agrega.