Nicole Grueira, portavoz del PP de Pol, ha mostrado preocupación «pola situación de inseguridade que xera na zona o derrubamento da Casa da Lavada, que o alcalde ten abandonado desde que o mercou no 2021. Catro anos despois, recoñece que xa estaba en mal estado, pero non foi capaz de tomar ningún tipo de medida de protección ante o risco de derrubamento, nin de darlle un uso en beneficio dos veciños. O que lle pedimos dende o Grupo Municipal Popular é que tome as medidas necesarias para garantir a seguridade».
Grueira señala que el Concello de Pol «acumula unha débeda de máis de tres millóns de euros». «A situación deste inmoble é un claro exemplo do tipo de xestión que está a facer o rexedor socialista de Pol: o malgasto de diñeiro dos veciños; xa que se perde o valor dun inmoble de titularidade municipal sen que chegase a ser de utilidade para os veciños», agrega.
La portavoz popular estima que «o Concello debería priorizar a prestación dos servizos de competencia municipal atendendo ás posibilidades do seu orzamento. Iso non quita que se puideran facer investimentos para a mellora de Pol e da calidade de vida dos veciños; pero ao alcalde esquéceselle a situación económica do Concello, á que se chegou debido á súa mala xestión».