A ninguén lle colle de sorpresa as artimañas do Bng. A estas alturas de mandato, aínda lles costa asumir unha realidade a que non estaban acostumados e iso lévaos a actitudes que os empuxan directamente á deriva.
Para empezar, deberían saber mellor que ninguén o estado lamentable no que deixaron Ribadeo. Fochancas en todas as estradas, edificios nos que chovía máis dentro que fóra, e outros auténticos almacenes de trastos vellos, áreas recreativas literalmente abandoadas…
En vinte anos non se decataron da falta de limpeza, do desorden nin da falta de mantenemento… ou si se enteraron, non souberon administrar o orzamento para poñer remedio a tanta deixadez, pero agora sí o saben!! Agora pretenden vir explicar como facer o que non fixeron eles en vinte anos!
No Pleno desta semana, presentaron unha moción na que lle esixían ó goberno municipal desviar “100,000€ para empezar” (esas foron as palabras exactas) do Plan Unico e investir no saneamento do rural.
Sendo conscientes de que o Plan Único destinase históricamente a infraestructuras, SAF e contratación… o que están solicitanto é “desvestir un santo para vestir outro”.
E estes son os que pretenden gobernar Ribadeo!! CERO ambición, CERO xestión, CERO traballo.
Nós, sendo conscientes perfectamente da necesidade do saneamento na zona rural, compartimos, como non, a súa preocupación, pero non nos conformamos.
O que fixemos foi propoñer ó grupo municipal do Bng, que foi quen presentou a Moción, unha emenda a ese escrito, solicitando conxuntamente á Diputación un Convenio Extraordinario de 250,000€ para o saneamento das nosas parroquias, tal e como fan noutros concellos moi pretiño deste. Eles non aceptaron a emenda e en consecuencia, VOTARON NON Ó SANEAMENTO!!
Claro que lle poden dar as voltas que queiran pero esta é a realidade!!
A realidade é que a eles o saneamento das parroquias preocúpalles exactamente o mesmo que durante os vinte anos que gobernaron, NADA! A realidade é que a finalidade desta moción, máis aló do saneamento, é mermar o presuposto do Concello para arranxo de carreteras e o SAF. A realidade é que non buscan a mellora dos veciños e veciñas, buscan rédito político!!! Qué mágoa dan…
En qué cabeza colle reducir orzamento propio destinado ó SAF ou a arranxo de estradas tendo a posibilidade de solicitar un Convenio Extraordinario?
Pois só lle colle a este Bng de Ribadeo porque noutros concellos moi próximos SI firman convenios, que é o máis normal si quen goberna se preocupa polos intereses dos seus veciños e veciñas.
Este goberno ten moi claras as deficiencias, a inversión que se necesita e tamén a xestión. Invitamos ó Bng a perder o medo ós seus compañeiros da Diputación. De momento non hai indicios de que traben… e pensen máis nos seus veciños e veciñas.