Dende logo, o discurso do BNG cada día nos deixa máis abraiados. Vinte anos sen preocuparse pola finca da rúa Diputación e agora veñen pedindo explicacións.
Ver para crer! Para empezar o que se fixo foi escoitar ós veciños e veciñas que levan anos reclamando a súa limpeza, e razón non lles faltaba, porque era un auténtico niño de bichos mortos. Había alí máis ratas mortas que en todo o alcantarillado de Nueva York!
¿Pero a quen pretenden enganar? ¿De verdade andan tan perdidos? Vergoña debería darlles abrir a boca. E xa de abrila, abrila para algo. Abrila para pedir perdón a todos os ribadenses por tal abandono. O que tiñan que facer era explicarlles ós veciños o motivo de tantos anos de descúlpaas e mentiras, por certo, desculpas e mentiras que hoxe lles van caendo unha a unha. Vergoña debería de darlles enganar ós veciños e veciñas durante anos. Como que non se podía? Como non se vai poder entrar cunha pala para limpar e demoler unhas paredes con risco de derrube? Como non se vai poder limpar unha finca cando ademais hai unha ordenanza que obriga ós propietarios a manter as propiedades limpas? Aínda que sexa por salubridade!! Acaso cambiaron os técnicos do Concello? Que saibamos son os mesmos que seguen redactando os informes e este goberno actúa dende o respecto ós técnicos, redactando propostas e tomando decisións que para iso estamos, ou esqueceulles que non viñemos para estar? Esqueceulles que viñemos para facer?
En fin, que sigan enganando e manipulando que nós seguiremos traballando por Ribadeo e polos ribadenses.