Carmen José López, portavoz del PP de Sarria, manifestó que «o alcalde viuse forzado a retirar a súa proposta para a subida das taxas do matadoiro ao quedar en evidencia que en realidade non enviara a documentación solicitada pola Consellería de Medio Rural para poder concretar o apoio da Xunta ao servizo de matadoiro municipal de Sarria». «A única responsabilidade é do alcalde e, por extensión, ao seu goberno, que incumpre reiteradamente os seus compromisos», agregó.
Los populares lamentan que «a actitude obstrucionista do alcalde está prexudicando o funcionamento do Concello, xa que semella que está máis interesado en facer oposición á Xunta que en preocuparse por buscar solucións e concretar os apoios ofrecidos por outras administracións». «Unha vez máis, Garrido intentou enganar a todos os sarriaos afirmando que presentara unha documentación que nunca chegou a presentar e que era un presuposto básico; xa que supón a cuantificación das inversións a realizar no matadoiro. Sen este dato é imposible avanzar no compromiso de apoio», expuso López.
La portavoz del PP de Sarria indicó que «é o mesmo que sucede coa situación das antigas vivendas dos mestres. O Concello non respondeu a ningún dos reiterados requirimentos por parte da Xunta no que se lle solicita aportar a documentación necesaria para desafectalas e poder cumprir o acordo do Pleno para facer o primeiro parque cuberto de Sarria alí. O Concello leva case tres anos de retraso en cumprir coa aportación da documentación para poder dar unha solución a este asunto pendente».