Marta Rouco advierte que tres profesionales se jubilarán próximamente en el Centro de Saúde de Vilalba

VILALBA CENTRO DE SAUDE
photo_camera Rouco demanda que se mantenga la calidad asistencial en Vilalba
Reclama que se mantenga el nivel de atención primaria en el Concello

Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba, señaló que «no Centro de Saúde da nosa vila están previstas 3 novas xubilacións, unha nos vindeiros meses e dúas de cara ao verán, polo que é unha necesidade inminente que a Xunta de Galicia planifique estas baixas e as cubra con profesionais de atención primaria». «O Centro de Saúde de Vilalba atópase neste momento con tres cupos de médicos de atención primaria sen cubrir e outro que só ten cobertura tres días á semana, un deses días a media xornada. No mellor dos casos o tempo de agarda para conseguir unha cita co médico de cabeceira é de dúas semanas, pero pode chegar a superar o mes», agrega.

Según explicó la regidora, «no Centro de Saúde de Vilalba está prevista a xubilación de dous profesionais de atención primaria que se suman á xubilación nos primeiros meses do ano doutro profesional, o que suporía, se a situación segue como na actualidade, que dos 11 cupos do centro, máis da metade quedarán sen profesional de referencia e, polo tanto, que as listas de agarda se dupliquen». «É unha necesidade inminente que a Xunta de Galicia actúe con tempo e forma ante esta situación, cubrindo os cupos que quedarán sen profesionais durante o verán, para que a atención primaria dos nosos veciños e veciñas estea asegurada», manifestó.

Rouco indicó que «durante o verán os profesionais acostuman ter que atender a máis pacientes derivados do centro de saúde do concello de Abadín e a Xunta non pode esquecerse das ausencias de profesionais de vacacións, baixas puntuais ou permisos ós que os médicos teñen dereito como todos os traballadores, polo que a Xunta de Galicia debería facer unha previsión óptima para que a situación do noso centro de saúde non se agrave máis aló das circunstancias límite que atravesa na actualidade, o que comprometería de cheo a saúde dos nosos veciños e veciñas».

Comentarios