Marta Rouco lamenta que «os populares vilalbeses empreguen a mentira e a desinformación»

Marta Rouco
photo_camera Marta Rouco, durante la Feira do Capón
Afirma que «a cuberta do pavillón non foi substituída na súa totalidade»

Marta Rouco, portavoz socialista y alcaldesa de Vilalba, ha criticado que «os populares vilalbeses empreguen a mentira e a desinformación para intentar desacreditar a un goberno que traballa e soluciona». Señaló que «os 75.000 euros da actuación que se completou no mes de xuño centráronse na zona máis deteriorada da cuberta pola falta de mantemento que acumulaba o edificio durante os anos de goberno do Partido Popular. Concretamente, as obras consistiron na substitución das pranchas translúcidas, o cambio da cuberta dos vestiarios e o repaso da tornillería».

«O Partido Popular debería saber perfectamente que as obras, por importe de máis de 70.000 euros, se centraron nunha parte concreta, que era a máis deteriorada, porque o proxecto foi aprobado en pleno. As afirmacións do grupo popular lévannos a pensar que votan sen sequera mirar os proxectos nin saber o que están validando», manifestó Rouco. «A cuberta do pavillón foi rehabilitada nas súas zonas máis deterioradas, non obstante, os técnicos explicáronnos que debido ás súas características e ás importantes choivas dos últimos días, a aparición de filtracións puntuais entra dentro da normalidade», agregó.

Sobre las filtraciones de agua, Rouco indicó que «os técnicos municipais confirmaron que o máis probable é que as filtracións, localizadas en dous puntos concretos nos que non se realizou ningunha actuación nas últimas obras, veñan provocadas por algunha folgura da tornillería». «En canto tivemos coñecemento da incidencia, estudamos a situación e buscamos unha solución. Ante a imposibilidade de que a empresa que acometeu as obras o pasado ano puidera desprazarse ata a nosa vila e solucionar as filtracións antes da fin de semana, buscamos outra empresa que xa está traballando en solucionar a situación», expresó.

Rouco avanzó que «a empresa responsable das últimas obras, desprazarase ata a nosa vila a vindeira semana para comprobar o estado das súas actuacións e solucionar calquera tipo de deficiencia que poidan ter».

Comentarios