La alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, ha solicitado nuevamente una reunión al presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, para tratar asuntos estratégicos relacionados con el municipio.
«Diríxome novamente a vostede co fin de reiterar a solicitude de reunión que este concello ten solicitada para tratar diversos asuntos de grande importancia para Viveiro. Neste sentido, cómpre lembrar que enviamos unha primeira solicitude de reunión en 2022 e unha segunda en 2024», señala Loureiro en una carta dirigida a Rueda.
«Nesta xuntaza desexamos tratar diversos asuntos de grande importancia para o noso municipio, como por exemplo a creación da Variante de Viveiro, a situación da sanidade e outros proxectos para a vila», añade la alcaldesa.
María Loureiro considera que, «se ben é certo que vimos xestionando algúns temas coas diferentes consellerías da Xunta de Galicia, entendemos que hai outras cuestións que, pola súa relevancia, deberían ser tratadas entre a alcaldesa de Viveiro e o presidente do goberno galego».
«Igual que vén recibindo a outros alcaldes, debería ser posible axendar unha xuntanza na que o Concello de Viveiro, que por poboación é o máis grande da comarca da Mariña e o terceiro da provincia de Lugo, poida ser recibido polo presidente da Xunta de Galicia para manter un encontro que nos permita abordar con profundidade diversas cuestións de vital relevancia para o noso municipio», concluye Loureiro.