Xove, un Entroido para todas as idades

ENTROIDO XOVE

Venres, 9 de febreiro

Como previa ao gran desfile do Entroido de Xove, o venres 9 de febreiro haberá un baile infantil de disfraces. Será no pavillón municipal, ás 18 h, e estará amenizado pola Disco Móbil Conxuro

Sábado, 10 de febreiro

Durante todo o sábado desenvolveranse as actividades centrais deste Entroido 2024. Ás 17 h terá lugar o gran desfile polas rúas de Xove, con saída da contorna do campo municipal de fútbol e chegada ao Centro Cívico. Durante o desfile e ao remate do mesmo actuará Mekánica Rolling Band

Unha vez rematada esta actuación, haberá festa rachada no pavillón ata altas horas da madrugada. Unha festa que será tamén un baile de disfraces animado primeiro pola discoteca móbil Conxuro e despois polo grupo Fénix. Nos descansos musicais entregaranse os premios das categorías infantil e adultos. A festa continuará coa actuación, de novo, da Disco Móbil Conxuro

Segundo as bases do desfile, nesta edición repartiranse un total 4.910 euros en premios, que serán entregados en metálico. Ademais, o Concello ten previsto que todos os participantes que se inscribiran con antelación no desfile —antes do 10 de febreiro— reciban un agasallo por parte da organización. Este agasallo será entregado ao final do gran desfile, amosando o tícket previamente facilitado polos organizadores. Os inscritos o mesmo día do desfile non terán dereito ao regalo. 

A concelleira de Cultura, Dolores Meitín quixo «agradecer todo o traballo feito pola organización para un Entroido no que hai récord de anotados», así como «desexar que o tempo acompañe en todos os concellos da Mariña nunha xornada tan especial»

Comentarios