Todo está listo para la celebración de la octava edición de las jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que tendrán lugar del 24 al 26 de octubre. Están organizadas por la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo (Acisa) y contarán con la participación de 13 establecimientos hosteleros.
La presidenta del colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indica que «desde Acisa decidimos apostar de nuevo por las jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar del 24 ao 26 de outubro, como actividade dinamizadora da nosa hostalaría. Con esta iniciativa queremos render homenaxe ás nosas veciñas e veciños asturianos, que moitos fins de semana do ano se achegan ata Ribadeo a tomar os viños e os vermús, a comer, a cear, a pasear ou a mercar no comercio local. A presenza de quen se despraza dende Asturias é moi importante para nós e por iso decidimos seguir organizando estas xornadas, que chegan en este 2025 á súa oitava edición».
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, señala que «nesta ocasión son 13 os locais participantes, que ofrecerán tapas e menús con propostas típicas da gastronomía asturiana o último fin de semana de outubro. As diferentes elaboracións poderán atoparse nos seguintes establecementos hostaleiros: O Indiano, Bar Queimada, La Solana, La Quinta, Galipizza, Costa Verde, A Horta de San Roque, Mareta, San Miguel, Barallocas, Bar La Estación, Arrancadeira e Mar de Rinlo».
Pérez explica que «as preparacións que ofrecerá cada un dos locais participantes poderán consultarse nas redes sociais de Acisa. Haberá diversas elaboracións que usan como base as fabas (con ameixas, con luras, con setas, fabada, etc.), diferentes variedades de cachopos, racións, menús ou tapas especiais».
Cruzado destaca que «as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo son dende o seu inicio un gran reclamo tanto para as persoas residentes na Mariña lucense como no Principado, de aí que vaiamos xa pola oitava edición. Queremos animar a asturianos e galegos a que fagan un oco nas súas axendas para achegarse a Ribadeo do 24 ao 26 de outubro». Engade que «calquera momento é bo para vir a Ribadeo, pero se aos nosos atractivos turísticos e comerciais lles engadimos a exquisita gastronomía asturiana estamos ante a fin de semana idónea para gozar do outono ribadense».
«Trick or Treat» para los más pequeños
Además, Acisa Ribadeo y Kids&Us organizan el 25 de octubre una nueva edición de la actividad infantil Trick or Treat por locales asociados al colectivo empresarial.
El gerente de Acisa comenta que «a actividade busca entreter e divertir aos máis pequenos da casa coa tradición anglosaxona do famoso truco ou trato, con motivo da celebración do Samaín ou Halloween. A proposta, que se realizará en inglés, está dirixida tanto a alumnado como a non alumnado da academia de entre 3 e 9 anos, e terá lugar o día 25 de outubro pola mañá».
Añade que «desde Acisa Ribadeo gústanos poder crear este tipo de actividades, que divirten e entretén aos peques da casa, e que ademais serven para que os seus pais e nais poidan dedicarse un pouco de tempo a eles mesmos, por exemplo, a facer unhas compras ou a tomar algo con calma. Ademais, é unha actividade que achega aos máis pequenos ao comercio local e axuda a conciencialos dende a infancia sobre a importancia de apostar polos negocios de proximidade».
Acisa colabora con la AECC en la recogida de donativos
Más de treinta negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran esta semana en la recogida anual de donativos de la AECC, coincidiendo con el Día Internacional de la Lucha contra el Cáncer de Mama, que se celebra el 19 de octubre.
Carmen Cruzado destacó que «un ano máis Acisa Ribadeo colaborará coa Asociación Española de Loita contra o Cancro. Nesta semana de outubro máis de trinta negocios asociados contan con huchas para a recollida de doazóns destinadas a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo coa celebración do día internacional da loita contra o cancro de mama, no que se fai fincapé na importancia da investigación, da ciencia, da prevención e da saúde».
Jesús Pérez recordó que «precísanse recursos para estudar, investigar e previr esta enfermidade, así como para tratar de acompañar ás mulleres que a sofren, por iso facemos un chamamento moi especial á cidadanía para que aporten o que poidan a esta importante causa. Xeralmente finalizamos esta campaña de recadación moi satisfeitos e gustaríanos este ano superarnos e que fora un novo éxito».
Por último, Cruzado añadió que «as persoas que desexen colaborar coa Asociación Española de Loita contra o Cancro de Ribadeo poden deixar as súas doazóns en máis de trinta establecementos asociados. Desde Acisa queremos agradecer a colaboración destes locais e tamén da AECC, que nos permite de novo botarlles unha man nesta importante causa».