«A quen pretenden enganar», artigo de opinión do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo

2025022619465872550 (2)
photo_camera Foto de archivo.

Lamentable, unha vez máis a actitude do Bng no tocante á Residencia. Non sabemos se non se entenden entre eles ou non se comunican, pero demostran unha falta de coordinación, unha falta de entendemento, unha falta de principios e de valores e un non saber o lugar que ocupan.

Certo é que actúan cada un pola súa conta dende fai moito tempo. Temos a parte “b” que pouco se ve, a parte “n” que ambiciona outros sitios e pouco lle importa Ribadeo e moito menos os ribadenses e a parte “g” que critica absolutamente todo, seguramente por ser fiel seguidor da UPG. En calquera caso, usar a Residencia como arma arroxadiza e de ataque neste momento, é non saber o que se di e dende logo unha falta de lealdade a Ribadeo e ós ribadenses. Non o decimos nós, que tamén!! Ata o din os técnicos municipais, o Secretario, Intervención e por suposto os técnicos directos que levaron a obra.
É lamentable a actitude porque a oposición foi informada de todo, como sempre se fai. Dende o goberno, xunto ó Secretario e a Interventora, informouse do que pasou e tamén dos pasos que se estaban dando e pareceulles o correcto.

Informouse que a empresa Naray presentou concurso de acreedores e nós rápidamente falamos con eles para pedirlles que renunciara á obra, o cal xa fixo. Pola nosa parte estamos elaborando a actualización dos precios do proxecto que quedaba, concretamente o 13%. É dícir:
Canto custaba a obra? 228.000€
Canto orzamento había? 228.000€
Canto custa despóis da actualización de precios? Incrementouse en 160.000€ que, por certo, xa están xestionados. E de paso outros 160.000€ para equipamento de cociña e lavandería.
Como estamos neste momento? Na fase de actualización de precios e para licitar a obra que queda, e decir, ese 13% máis equipamento de lavandería e cociña porque xa temos 320.000€ xestionados que xunto ós 700.000€ iniciais, supera o millón de euros xestionados por este goberno ante a Xunta de Galicia.

Que critica o Bng?, Que explicacións pide o Bng? Dado que na comisión estaba dacordo, ou ben “cambia de opinión” con moita facilidade, que está moi de moda ou que influenciado polo radicalismo da UPG, se vexa na obriga de decir cousas que nin pensa porque realmente, quen ten que dar explicacións sobre a Residencia é o propio Bng. Quizais debería explicar, se o sabe, por que encargou, ou mellor dito, obrigou a facer un proxecto da Residencia mantendo a vivenda das relixiosas e a Capilla, sabendo perfectamente, porque xa eran coñecedores de que a xestión ía ser diferente… Aínda sabendo que non ían volver, obrigaron ós técnicos a manter a parte destinada á residencia das monxas e a parte da capilla. O mellor non daba tempo a redactalo todo e había que intentar sacar, unha vez máis, rédito político a costa dunha residencia e houbo que facelo rápido, correndo e sen ningún criterio para chegar a tempo e “vender” que xa había un proxecto.

A realidade é que sí había un proxecto pero un proxecto que houbo que modificar en parte pola pouca responsabilidade do Bng. Esa é a lealdade a Ribadeo e ás persoas usuarias da Residencia, deses que agora nos veñen pedindo explicacións e veñen dando leccións de cómo se goberna. Por suposto, a residencia das monxas será para uso de máis usuarios e a parte destinada a capilla convertirase nunha sala multifuncional porque nós sí pensamos nos usuarios. Iso sí é pensar nas persoas que van vivir alí, porque gobernar non é escoitarse a un mesmo. En fin… a estas alturas e vendo cómo deixaron todo despóis de preto de vinte anos, a quen pretenden enganar?

Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo.