La actuación incluyó la mejora del mirador, la recuperación de zonas verdes y trabajos de conservación en todo el entorno
El área recreativa de Santa Cruz luce una imagen renovada tras las actuaciones realizadas gracias a la inversión de la Xunta de Galicia y a la colaboración de la Comunidad de Montes de Ove.
El alcalde de Ribadeo, Dani Vega, destacó el trabajo conjunto llevado a cabo: «hoxe queremos poñer en valor todo o traballo que se fixo en colaboración coa Comunidade de Montes de Ove, un traballo que se fixo para mellorar un espazo onde veciños e visitantes acoden durante todo o ano. O monte de Santa Cruz é un espazo co moita tradición ribadense, un espazo natural onde había moito que facer e queda moito por facer, pero fixemos un gran traballo».
Vega detalló las actuaciones realizadas en el entorno: «o desmeste, a conservación de toda a área recreativa, a eliminación de tuias que estaban causando problemas en toda a superficie da área, con colocación de varandas de madeira e tamén toda a renovación do miradoiro, dende as placas informativas, o espazo verde natural, con colocación de novos bancos, con protección para que os vehículos non entren na área recreativa e tamén todo o arranxo de escaleiras e de pavimentos que estaban completamente destrozados. O reforzo do muro, tamén do miradoiro e, como se pode contemplar, queda un espazo conservado, limpo e mellorado».
El alcalde subrayó que la intervención fue posible gracias al apoyo autonómico: «queda moito por facer, pero ata o de agora todo o que se fixo foi cun financiamento da Xunta de Galicia. Non tivemos que poñer por parte do Concello ningún euro e a Comunidade de Montes o que nos axudou foi a facer un plantexamento do traballo e de colaboración co Concello, que os técnicos foron facendo informes e enviando propostas á Xunta de Galicia. A colaboración é perfecta, a Comunidade de Montes, o Concello e a Xunta, que financia, isto dá un bo resultado».
Además, avanzó los próximos proyectos previstos para el entorno de Santa Cruz: «xa estamos plantexando un novo alumeado para toda a superficie, para toda a área, e dunha vez por todas, arranxar tamén a Casa da Ría. A nosa vocación sempre é a conservación de todos os espazos naturais, darlles un uso concreto e a Casa da Ría non chega con restaurala e renovala, senón que hai que darlle ese uso que nace naquel momento, cunha vocación clara de formación para o alumnado, dun espazo dedicado á ría e tamén un observatorio astronómico. Nesa liña é na que vamos e tamén seguir afondando no valor da auga, o recurso hídrico que é tan importante nestes momentos e que nosoutros queremos afondar e queremos seguir poñendo en valor todos os elementos naturais, dende o recurso hídrico, a fauna e flora da ría e tamén un espazo para ter un observatorio astronómico. Nesta liña de traballo e de estratexia conxunta é na que estamos».
Vega finalizó agradeciendo el apoio recibido: «agradézolle moito á Comunidade de Montes de Ove todo o traballo que fixo, á Xunta por financiarnos e tamén aos técnicos do Concello que sempre están a disposición de propoñer para que as administracións colaboren con nos».