Evento

Antroido de Ribadeo 2024

03/02/2024 a 17/02/2024

O 3 de febreiro, terá lugar a I Gala do Antroido, dedicada á música e na que participarán moitas asociacións e colectivos de Ribadeo; o día 4, será a homenaxe a figuras crave no Antroido ribadense; o día 10, haberá un sorteo nocturno para quen salga disfrazada/o e consuma nos locales de hostelería da zona vella, que repartirán as rifas con cada consumición; o 11, día Lardeiro, é o do Día do Cocho e da Mascarita, ir vestido de Mascarita será precisamente a chave para poder optar a unha viaxe para dúas persoas ao Carnaval dos Indianos de Santa Cruz de La Palma 2025 e unha noite nun Parador de Turismo para dúas persoas por cortesía de Paradores Ribadeo; o 12, recuperamos a Cea Tradicional con cocido; e o 13, será o Gran Desfile polas rúas de Ribadeo a partir das 17:30h

Para rematar o Antroido e despedilo como se merece, o día 17 será a Queima, sairá ás 21:00h da Casa do Concello acompañada de viúvas e viúvos e das charangas A Choca e Aturuxo.