Evento

Carreira das Praias en Barreiros

29/03/2024

O 29 de marzo disputarase en Barreiros a 𝐗 𝐞𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐜𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐩𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐝𝐚𝐬 𝐩𝐫𝐚𝐢𝐚𝐬 que forma parte do circuíto de carreiras locais +KmsBarreiros impulsado polo Concello de Barreiros desde a súa área de dinamización e participación veciñal.

As inscricións xa están abertas na web www.maiskmsbarreiros.gal onde tamén podedes consultar toda a información do circuíto, das probas que o compoñen e ver as clasificacións completas.