Evento

Coroación da raíña do Entroido de Foz

27/01/2024 a 27/01/2024
21:00 h a 23:55 h
Foz

O 27 de xaneiro coroan en Foz a Carlota Fernández del Riego como raíña do Entroido.

Esta carpa aglutinará a maioría dos actos do Entroido de Foz, nunha localización cómoda e máis espazosa, posto que o espazo do Bahía xa non se axusta ao requirido para o evento.

O aforo é limitado polo que rogamos que se respecte a forma de inscrición. Unha vez pechada, a comisión porase en contacto con cada grupo confirmando a reserva e indicando os días nos que se entregarán as entradas á cea.

O menú constará de empanada, sopa de cocido, costela asada, sobremesa, bebida, café e chupito e o prezo da tarxeta será de 30€.

A cea estará animada polos djs Alejandro Martínez e Pedro Bermúdez.