Evento

Día de Rosalía en Burela

23/02/2024

Maratón de lectura

23 de febreiro de 10:00h a 14:00h (para os centros educativos) e de 16:00h a 20:00h aberto para todos os públicos. 

O alumnado fará as lecturas nos seus centros a partir das 10:00 en lugar de no Salón de Plenos, como estaba inicialmente previsto, por mor do temporal, que dificulta o traslado ó Concello

Manterase a quenda de tarde no Salón de Plenos, e ás 11:45 horas da mañá a lectura da asociación de Saúde Mental da Mariña e do equipo femenino do CD Burela FS, tamén no Salón de Plenos