Evento

Masterclass de teatro en Foz

25/05/2024 a 26/05/2024
Foz

Masterclass de teatro co actor Avelino González. Unha oportunidade de aprender dunha persoa que vive o teatro como o vivía o Poto, desde a alma.

Será os días 25 e 26 de maio, na Sala Bahía.

O sábado: de 10:30h a 13:30h e de 16:30h a 19:30h. Con comida a mediodía.

O domingo: de 10:30h a 13:30h. Prezo: 10€

Inscrición: Delegación de Cultura - Concello 982140027 - Ext 3

É a primeira actividade antes do III Certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo -O Poto-, que se celebrará no mes de xuño (6, 7, 8 e 14, 15 e 16).