Evento

Mes das Letras Galegas en Barreiros

11/05/2024 a 29/05/2024

A programación do mes de maio comeza o vindeiro sábado coa posta en escea da obra de teatro “Trepa, Tripa e Tropa”, do grupo O Centiño. Será ás 19hs, no Centro Sociocultural de San Cosme.

A fin de semana do 17 de maio será o máis animado, cun obradoiro de ilustración para crianzas;  o Concerto das Letras Galegas das agrupacións barreirenses Coro Airiños do Mar e O Arco da Vella Infantil; unha xornada formativa sobre a velutina e o Mercadiño na Primavera como broche de ouro.

No domingo 26 volverá o recital poético musical “Versos na Baixamar”, no que tamén actuará a orquestra infantil do Sinfónico no Rural, na que participan nenos e nenas de Barreiros.

E o peche do mes será cun concerto didáctico dirixido aos centros de ensino que levarà a cabo a Escola de Música de Foz.