Evento

Obradoiro de Cultura Urbana en Viveiro

18/11/2023 a 18/11/2023
17:00 h a 19:00 h

O Concello de Viveiro acolle, este sábado 18 de novembro, uns obradoiros de cultura urbana para rapazada de 8 a 16 anos
Parkour, cap paint, graffiti e rap daránse cita no pavillón do CEP Lois Tobío
A xornada terá lugar en horario de 17:00 a 19:00 horas. O espazo está aberto a todas as familias, con prioridade de acceso para nenos e nenas de familias monoparentais e familias con mulleres vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de risco de desemprego de longa duración ou mulleres maiores de 45 anos, entre outras situacións relacionadas cos coidados. Información e inscricións, na web www.fagamos.com

 

WhatsApp Image 2023-11-17 at 13.35.27