Evento

Programa 8M en Burela

01/03/2024 a 15/03/2024

Programación polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en Burela.

A programación comezará este venres 1 de marzo ás 18:00, coa inauguración da exposición dos traballos do curso de bordado e homenaxe a dúas mulleres burelás que formaron redes de apoio a través desta arte, na Casa da Cultura. No propio día 8 de marzo terá lugar ás 9:15 a homenaxe ás xogadoras do Pescados Rubén Burela de futbol sala feminino, baixo o lema "Burela guerreira pola igualdade", no pavillón Vista Alegre. Ás 12:00 na praza do Concello terá lugar a lectura do manifesto institucional. O 15 de marzo pola mañá representarase a obra de teatro '#2Pilgrims" para os institutos de Burela, e ás 21:00, no auditorio a un prezo de 4€.