Evento

"O traballo de Andrea" en Alfoz

08/06/2024 a 08/06/2024
Alfoz

Sábado 8 de xuño do 2024, ás 20:30h na Casa da Cultura de Alfoz.

O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros presenta en Alfoz a súa obra de teatro "O traballo de Andrea", un texto orixinal de Ignasi García Barba adaptado e traducido por Ramón Casas Oroza.

“O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a Postguerra.