Evento

XV Festa de exaltación da carne de porco

15/06/2024 a 15/06/2024
Cervo

XV Festa de exaltación da carne de porco

A cita, organizada pola asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello, será este sábado, 15 de xuño, na Praza do Souto

Desde o mediodía haberá ademais degustación de tapas variadas da man da hostalaría de Cervo e Sargadelos (Caseto de Copa, Almacén, Taberna de Sargadelos, e A Sacabeira)

Ademais, á noitiña, terá lugar un guateque de Arruguiñas a partir das 22:00 horas, na Praza do Souto, da man de DJ Ovo