Sentimos emoción, orgullo e gratitude
Emoción por ver a Mondoñedo vibrar un ano máis coa súa feira, orgullo por seguir escribindo entre tod@s a historia viva das San Lucas, e gratitude por contar cun pobo e unha xente que fan posible a feira máis antiga de Europa.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a tod@s @s San Luqueir@s que se achegaron a Mondoñedo nestes días para vivir, compartir e celebrar connosco. Grazas por traer vida, ledicia e forza, por facer país e por manter acesa a chama do que somos.
Un recoñecemento moi especial @s gandeir@s, non só aos que participan na baixada, senón a todos os que se achegan cada ano co seu gando, co seu esforzo e coa súa presenza. Sodes o corazón das San Lucas. O voso traballo diario, os 365 días do ano, é o mellor exemplo de compromiso coa nosa terra e coa nosa maneira de vivir. Grazas pola entrega, pola dignidade e por manter viva unha tradición que é de tod@s.
Tamén queremos agradecer ao Concello de Mondoñedo, ó equipo de goberno e a tod@s @s seus concelleir@s, así como @s traballador@s municipais, tanto das oficinas como de obras, polo apoio, pola implicación e polo esforzo que fan posible que a cidade e a feira luzan co seu mellor aspecto nestes días.
Do mesmo xeito, o noso agradecemento ao Servizo de Limpeza, pola vosa dedicación incansable; á Policía Local e á Protección Civil, pola vosa entrega, dispoñibilidade e colaboración constante; e ao posto da Garda Civil de Mondoñedo, pola vosa implicación, pola coordinación e polo traballo silencioso que fai posible que todo funcione con seguridade e tranquilidade. Grazas pola vosa profesionalidade, pola valentía e pola humanidade que deixades en cada recuncho da nosa memoria colectiva.
O noso agradecemento tamén á Xunta de Galicia e á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, pola súa colaboración e apoio constante, por estar ao lado das nosas tradicións e axudarnos a manter viva esta feira que é símbolo da identidade galega.
Do mesmo xeito, queremos agradecer ao comercio e hosteleria local, ás empresas colaboradoras e a todos os patrocinadores o voso apoio e confianza. Grazas por formar parte da estratexia que impulsa o crecemento das San Lucas e por contribuír a que Mondoñedo siga sendo un referente cultural, social e económico en Galicia.
E como non, grazas tamén @s veciñ@s de Mondoñedo, que con paciencia e comprensión vivides estes días intensos. Sabemos que ás veces poden xurdir incomodidades ou erros que intentamos corrixir e mellorar entre tod@s.
Agradecemos de corazón as actitudes construtivas, o respecto e o espírito colaborador, porque iso tamén forma parte do que somos: unha cidade unida, que celebra, que aprende e que sempre mira cara adiante.
Detrás de cada momento e de cada detalle hai un equipo inmenso de persoas: voluntarios, veciñ@s, amig@s, colaboradores, e moita xente que traballa con ilusión e sen buscar protagonismo. A tod@s, grazas de corazón, porque cada un de vós forma parte desta historia.
As San Lucas son moito máis ca unha feira: son sentimento, tradición e país.
E xuntos, seguiremos facéndoas grandes, con orgullo, con respecto polas nosas raíces e coa forza de quen sabe de onde vén e cara a onde quere ir.
Asociación As San Lucas