Opinión

«Oito meses, e de milagre», artigo de opinión do BNG de Ribadeo

Raquel Ferreira BNG Ribadeo

Oito meses fixeron falta para que desde o Concello de Ribadeo se reparasen as portas automáticas da Praza de Abastos. Oito.

Parece que de nada servían as demandas das praceiras e praceiros, das persoas que acoden a comprar de xeito habitual, e mesmo do grupo municipal do BNG desde a oposición. O frío e vento que tiveron que soportar nos últimos meses dentro deste icónico edificio municipal non foron razóns abondas para que se tomase algún tipo de medida.

Fixo falta o cambio de ano, e, polo tanto, dun novo exercicio orzamentario, para que desde o Concello procedesen á reparación.


Estas portas son a triste demostración de que a capacidade económica do Concello de Ribadeo hoxe non chega para solucionar nin os pequenos imprevistos do día a día.


E así estamos: moito Dani Vega, moita xestión, moita palabrería e moita propaganda… Pero no mundo real ou non hai vontade de mellorar as cousas ou non hai cartos.

Comentarios