Opinión

O BNG en contra das asociacións e do voluntariado que traballa para Ribadeo

Plaza donde se ubica el Concello de Ribadeo

Que o Bng non ten moita conexión coas Asociacións xa nos quedou claro a todos dende que lles fixo devolver as subvencións da Xunta de Galicia que lles foran concedidas para arranxar os seus locais. Quen sabe cantas mentiras lles inventaron (como se os veciños foran fatos) para non dar os permisos necesarios para as obras. Máis tarde tocoulles ás Carpas, que tamén foron e son ben criticadas por parte da oposición, aínda sabendo que non as paga o Concello!!

Saben que é unha xestión ante a Xunta de Galicia e non afecta os orzamentos municipais. Cada lector que valore o motivo da crítica... E agora tamén se pronuncian en contra do Voluntariado!!! Vamos, que cada día fan máis amigos, están que derrochan proximidade cos veciños e coa vida activa de Ribadeo!!.

Todos pensamos que con tanto cambio de asiento entre eles, o mellor lles traía aires máis frescos e saudables pero a realidade é que se percibe o mesmo cheiro a esa maldade que parece ven de serie.

Por criticar, critican todo. Atrévense a criticar que colaboremos coas diferentes entidades que promoven actividade en Ribadeo, actividades que favorecen a economía, actividades que traen xente que come, merca no comercio e durme en Ribadeo, e coas que o Concello colabora cun pincheo en negocios locais.

¿Qué teñen en contra dos Congresos? Cardioloxía, Traumatoloxía, Pediatría… ou Xuntanza de blogueros gastronómicos… cursos da USC cos que tamén colaboramos no café do descanso… Foro de Down ou de Alzheimer… Foro de Turismo ou de Empresarios…

Diferentes actividades e todas moi importantes que dinamizan a economía local e coas que non colaboramos económicamente pero Sí ofrecendo o espacio e un pincheo de benvida ou café dependendo do horario.

¿Cál é o problema do bng? ¿están agora en contra de desestacionalizar o turismo, ou acaso non o consideran “turismo de calidade”? ¿Critican tamén a colaboración con Loctudy? Porque esta entidade está liderada por persoas que pertencen á dirección do bng, as cales pediron colaboración institucional ó Concello cunha cea de benvida… Neste caso, ¿acéptase a colaboración? Porque se por un lado se solicita e por outro se critica… o bng ten un problema máis serio do que pensamos. O Festival do Fest Clasic… ¿considerámolo colaboración ou derroche?

¿E que problema tenen co VOLUNTARIADO? ¿qué ilegalidade hai en ofrecer un pincheo de AGRADECEMENTO ás personas que axudan en eventos deportivos ou na Cabalgata de Reis por exemplo. Ou o que critican é a comida anual de PROTECCIÓN CIVIL? Parécelles un derroche unha comida ao ano para persoas que traballan de maneira altruísta cada vez que Ribadeo os precisa?

Hai que ser moi MALAS PERSOAS para pretender confundir ós veciños. O GASTO DE PROTOCOLO É OUTRA COUSA e convidámolos a comparar as dietas dos gobernos do bng coas deste goberno.

As eleccións non se gañan enganando e confundindo ós veciños que non son fatos. As eleccións gañanse traballando moi duro, traendo iniciativas e propoñendo. Este goberno o que fai é traballar e invertir en Ribadeo directa ou indirectamente, e vamos seguir colaborando, tanto coas entidades como co voluntariado, porque aínda que o bng non o crea, un pobo e unha sociedade avanza e medra se todos remamos xuntos e na mesma dirección. O que vai contra corrente, normalmente traga auga para rematar afogando, a non ser que teña sorte e algún voluntario o vaia rescatar.

Dende o Concello AGRADECEMOS tanto a entidades como a voluntariado todo o traballo que realizan de maneira desinteresada, SEMPRE EN BENEFICIO DE RIBADEO. Seguiremos traballando arreo a carón deles na procura do Ribadeo que queremos.

Comentarios