A quén pretenden enganar

Aínda que xa rematou, ás veces vemos publicacións que mismiño parecen una broma de Antroido. Pero no!! é o bng criticando unha pista de terra...

Salen de cando en vez decindo, criticando...e outras ata esixindo o arranxo de determinadas cousas que eles mesmos deixaron abandoadas. Ollo! Critican o que eles mesmos deixaron abandoado despóis de vinte anos!! Non sabemos se ten gracia... ou da mágoa...

A realidade é que non hai unha. Hai moito que arranxar, pistas e o que non son pistas, porque si algo deixaron foi traballiño por facer. O abandono era absoluto, porque ademáis o pouco que se facía era moi pouco responsable e en consecuencia pouco duradeiro.

Por suposto que hai moito por facer aínda!! Calquera cousa lles vale para ocupar un mínimo espazo...ata criticarse a eles mesmos... falsean tanto a realidade que todo lles vale... O único que logran é demostrar a división interna que xa todos coñecemos e a falta de coordinación á que os leva esa división.

Chama a atención que critiquen o estado dalgunha pista cuando en vinte anos non apareceu por aquí unha motoniveladora para amañar nin unha sóla carretera de terra!! Bueno, nin de terra nin das outras!!

Ó que nós nos referimos, é que en vinte anos non tiveron planificación ningunha para arranxar nada e venen agora esixindo. En dous anos e medio fixemos todo o que os tempos e a burocracia permiten. Detrás de cada actuación hai moito traballo e moita responsabilidade. Coa axuda da Xunta de Galicia, veu unha motoniveladora e xa se amañaron as parroquias da costa e algunha do
interior e pouco a pouco iremos concretando todo o concello. Costa entender que deixaran todo como o deixaron esixindo como esixen en dous anos e medio.

Por outro lado, antes de falar era bo informarse porque nunhos casos estase sacando madeira e hai maquinaria pesada traballando. Avanzamos moito pero a madeira, de momento, polo aire non sae...

Este concello xa firmou un convenio con Lugomadera e teñen a obriga de arranxar as pistas e noutros casos outras empresas que as utilizan, tamén se chegou a un acordo de colaboración por parte delas para o arranxo dos danos causados. Non todo vai tan rápido como quixéramos pero hai interés porque ata agora ninguén se preocupou das pistas.

Non vaian tan animados ver o que está mal e valoren un pouco o que se fixo en pouco tempo que foi moito.... Seguramente terían máis credibilidade.

En fin, unha semana máis, nós ó noso, traballando por e para Ribadeo e defendendo sempre os intereses dos nosos veciños.