Opinión

O prometido dende a oposición, feito dende o Goberno

Foto Concello Ribadeo
photo_camera Foto Concello Ribadeo
Artículo de opinión del Grupo Municipal Popular

Foron moitas as veces que dende a oposición criticamos o abandono que sufrían as parroquias e a zona rural. Tantas veces como prometemos que si chegábamos ó goberno, tomaríamos nota e actuariamos dende o primeiro momento. E aquí estamos e somos conscientes de que aínda queda un longo traballo por facer, pero en pouco máis dun ano xa se fixo moito.

Co Plan Avanza Rural, unha das primeiras medidas que tomamos foi actuar nas pistas de terra; era moi necesaria e tamén moi demandada por gandeiros e agricultores. Dende a concentración parcelaria, hai máis de trinta anos, pouco ou nada se volveron limpar. ¿Qué fixemos nós? Xestionar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia que se traduce nunha motoniveladora, camión e pala e xa se limpou toda a costa. Agora queda unha segunda volta para poñer zahorra e xa vamos empezar nas parroquias do interior. Ademais hai tres tractores traballando e cada tractor ten asignadas as súas parroquias e por fin temos unha limpeza programada.

Plan de adecentamento de espazos públicos, porque na zona rural tamén hai que coidar a estética e conservar os espazos públicos a longo prazo, non facer todo para a foto do momento e esquecerse. Non é o mesmo atar os contedores de calquera xeito que facer unha base de pedra e poñer uns suxeita contedores adecuados e de longa durabilidade. As cousas non se deben facer para a foto, senón para que se conserven no tempo. ¿Como nos atopamos os bancos e as marquesinas? Podres! Pois tamén se están recuperando nos talleres municipais, substituíndo as táboas podres e tratando a madeira. Non se trata de tirar e mercar outras, trátase de invertir e conservar.

As Fontes! Moitas delas comidas pola maleza e a maioría tupidas. É a nosa obriga velar polo valor do noso patrimonio. Debemos arranxar pero tamén conservar,  doutro xeito é “tirar os cartos”. Insistimos en que é moi importante xestionar orzamento para invertir e este goberno xa o está facendo, pero tan importante é conservar.  Si as fontes tivesen un mantemento, agora só sería seguir conservando e poderíamos invertir noutras cousas, pero como o abandono foi absoluto durante vinte anos, temos que invertir de novo para a súa recuperación. Estamos invertindo 20.000 euros naquelo que só debería necesitar conservación!

O mesmo pasa coas infraestruturas, 315.000€ de inversión e xa actuamos en Lourido, Frieira e Remourelle ou a estrada da costa que xa empezaron as obras e terá unha inversión de 370.000€, unha carretera moi demandada tanto a nivel turístico como rural xa que é unión de todas as parroquias da costa. No primeiro ano de goberno, invertindo 685.000€.

Nós criticamos e prometemos dende a oposición e actuamos dende o goberno, outros prometen dende o goberno sen actuar e critican dende a oposición o que eles non fixeron.

En fin, Ribadeo Avanza e o rural avanza con el, e nós seguiremos traballando arreo, facendo o que prometemos e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.

Comentarios