RIBADEO AVANZA A BO RITMO, a pesar dalgún, que antepoñendo a ideoloxía a Ribadeo, desexa todo o contrario.
Detrás hai moito traballo e unha decidida xestión e dedicación. Todo o mundo o pode comprobar. Haiproxecto e un traballo constante e continuo. Isto non debe encaixar moi ben nalgún membro do Bng que “moi apenado”, saen decindo que se perden subvencións. Seguen na teima de inventar cousas (ningunha boa). Probablemente pensen que iso lles da minipuntos ou pase directo ás “altas esferas”, non sabemos, cada un ten a súa motivación e a nosa é moi diferente. Referímonos a “algún membro” porque somos conscientes de que outros recoñecen o traballo e xa lles tarda rematar a lexislatura para deixar de facer o ridículo. Non se entenden entre eles e pretenden dar leccións... Saen decindo que se perdeu a subvención do Parque de Indianos... quen lles dera! Iso pasáballes a eles que, por non perdelas xa non as pedían ou ó mellor nin se enteraban que as había.
Neste momento hai moitas obras en marcha e unha delas é precisamente o mantenemento do Parque dos Indianos... aio! É boa casualidade! De novo atopámonos con outro espazo abandoado durante anos. Unha vez máis a falta de conservación é absoluta. Un calexón de terra que conecta Avd de Galicia con Virxe do Camiño, baldosas soltas e rotas, pérgolas podres, as beirarúas intransitables, unha charca noxenta... por certo, unha tala indiscriminada de plantas e árbores... moito nos extraña o silencio naquel momento... menos mal que nós non somos de quedamos con simples anécdotas. Creemos máis no traballo e en mellorar e conservar os espazos, porque de pouco sirve invertir para a foto si despóis se deixa abandoado.
Xa se está mellorando o calexón con formigón e beirarúas de pedra, na recollida de augas pluviais, repoñendo as baldosas, limpando a charca, colocaránse novas pérgolas e farase un mantenemento do xardín. Un total de 50mil€, financiado 100% da Xunta de Galicia. Dende logo que non só, non se perdeu a subvención, senón que a inversión é 100% da Xunta de Galicia. Unha vez máis, as mentiras teñen as patas moi cortas. Afortunadamente ó tempo pon a cada un no seu lugar.
Cómo sempre decimos, nós ó noso. Nós ó que realmente importa: RIBADEO E OS NOSOS VECIÑOS.