Opinión

A quén pretenden enganar??

Ribadeo
photo_camera Ribadeo

Non hai tanto tempo, este concello era adicto ós donuts e ás pipas. Nós xa decíamos daquela que nada bo traería e o tempo danos a razón. O azúcar dos donuts deulles un chute de enerxía e un estado de felicidade a moi corto prazo e das pipas...só quedan as cáscas. pPor suposto que a verdadeira razón de tanto consumo, era o ego e as ganas de confrontar á sociedade entre sí, confundir e enganar, enfrentándose sistemáticamente a una Administración. Realmente buscaban a quén responsabilizar para xustificar tanta inacción, inactividade e inoperancia.

A quén lle colle na cabeza que en vinte anos non deu tempo a construír un campo de herba artificial? A NINGUÉN!! Viveiro e Burela dende 2010, Foz dende 2011, A Pontenova dende 2014. Foz e Burela xa están en proceso de renovación mentres que Ribadeo en 20 anos non se preocupou nin dos terrenos para canto máis do proxecto.

A quén queren enganar? Si nunca tiveron un interés serio!! Facíase todo baixo presión e sin medir as consecuencias. Dende logo que non cuestionamos a renovación do Pepe Barrera, pero sí as formas. Como todo, foi feita á presión e en moitas ocasións non drena ben, moito máis si ven un ano de choiva como o actual, que unido á carga deportiva que acumula, non favorece para nada ó estado do cesped.

Cál é o graniño de area que aporta o bng? Volver enfrentar á sociedade que é o único que se lle da ben. Confrontar ou recoñecer que houbera sido moito máis factible facer primeiro un campo de herba artificial e despóis a renovación do Pepe Barrera e así liberar a este de tanto peso e carga deportiva.

Qué duda cabe que confrontar é máis do seu estilo... cada un aporta o que ten.

Que a ninguén lle quepa a menor duda de que o mantenimiento do Pepe Barrera é o axeitado e por suposto que ninguén dubide que este goberno está traballando para que o campo de herba artificial sexa, por fin, unha realidade en Ribadeo, porque nós SÍ traballamos polos intereses dos ribadenses.

Comentarios