Ribadeo avanza
Unha delas é a Rúa Reinante. Os veciños e o comercio en numerosas ocasións reivindicaban o arranxo desa rúa, e con razón!! Unha obra que non foi ben executada e pola que ademáis se permitiu a circulación de todo tipo de tráfico rodado sen que ninguén dixese nada. Cando chegamos, dende a responsabilidade, actuamos á altura da Orden Tercera, sendo conscientes, que
dende logo, non sería definitivo, pero tamén dende a prudencia, porque éramos sabedores que había que analizar antes de dar pasos definitivos.
Decimos que non foi ben executada porque é unha obra relativamente nova, e non debería estar no estado no que se atopaba en tan pouco tempo. E decir, unha mala execución acompañada da nula regulación do tráfico, tan importante para este tipo de rúas, levounos a unha nova reforma que se traduce en tempo e unha nova inversión en algo que aínda non lle debería tocar.
Ante a necesidade dunha solución, puxémonos a traballar. 90,000€ de inversión con fondos do Ministerio, da Xunta de Galicia e do Concello. Non foi tan rápido como quixéramos porque houbo que licitala dúas veces. A primeira vez tocoulle a unha empresa que non presentou a documentación e houbo que rexeitala, porque nós sí revisamos e vixiamos as licitacións. E agora tocoulle a unha empresa local que, calquera o pode ver, está facendo un bo traballo.
O resultado está sendo unha obra moi ben executada e supervisada polo técnico da Área Rexurbe que, coas medidas correspondentes, relativas ó tráfico, convertirase nunha rúa ben feita e para moito tempo.
Seguimos traballando e Ribadeo segue avanzando en infraestructuras e en obras, tendo claro que hai que construír pero tamén conservar o que temos e que o bng deixou abandoadas.