A causa da restricción que supón a normativa de Augas de Galiza no tocante á limpeza do río, o goberno municipal do Partido Socialista solicitou a presenza dun técnico que avaliase in situ a situación e determinase o tipo de actuacións pertinentes. O técnico en cuestión foi incapaz de ofrecer unha solución acorde a normativa. Mais curiosamente si forneceu unha información clarificadora: o estado do río vén a ser consecuencia directa da modificación que, no seu momento, se realizou no seu leito. Paradoxalmente o responsable desta modificación foi o Ministerio de Medio Ambiente presidido daquela por Jaume Matas (PP). Para botarse a chorar!
E ntrementres, e sen responder de ningún xeito coa realidade, intentábase transmitir unha mensaxe de suposto abandono por parte do equipo municipal do PSOE. Sendo daquela este que escribe Delegado para o Mantemento de Praias, tomou a decisión de informar a veciños e visitantes. Todo isto sen entrar en momento algún a valorar a Normativa de Augas e limitándome simplemente a encargar dous cartaces coa transcrición do texto que se recibira:
Nalgún momento deste pasado verán, de costas á oposición municipal e nun exercicio de falta de respecto institucional, o goberno que preside a señora Mariña Gueimunde, decidiu eliminar os devanditos carteis informativos. Unha vez máis, e do mesmo xeito que coa Sanidade, prímanse os intereses da Xunta moi por riba daqueles dos veciños e veciñas do Concello de Viveiro.