Opinión

«A Terra é o noso fogar común», artigo de opinión de Luis Rodriguez

«Hoxe, neste día no que reflexionamos sobre a importancia de reducir os residuos e coidar o noso entorno, quero convidarvos a mirar o mundo cunha dobre perspectiva: como crentes e como seres humanos responsables».

Como sacerdote, lembramos que Deus nos regalou un mundo marabilloso, cheo de vida, beleza e equilibrio. A creación non é algo que nos pertence para explotar sen medida, senón un don que recibimos para coidar, respectar e transmitir ás futuras xeracións. A Terra é o noso fogar común, e nela cada criatura ten o seu lugar e o seu valor.

Pero tamén, desde un punto de vista humano, sabemos que o respecto pola natureza é inseparable do respecto por nós mesmos e polos demais. Cando danamos o medio ambiente, estamos afectando directamente á vida, á saúde e á dignidade das persoas, especialmente das máis vulnerables.

Vivimos nunha sociedade marcada moitas veces polo consumo excesivo, pola cultura de usar e tirar, e por intereses económicos que non sempre poñen no centro o ben común. Fronte a isto, estamos chamados a actuar con conciencia, responsabilidade e compromiso.

Coidar a natureza é coidar a casa común. É un acto de amor, de xustiza e de fe. Cada pequeno xesto conta: reducir, reutilizar, reciclar, consumir de maneira responsable… son formas concretas de construír un mundo máis xusto e sostible.

Que este día nos inspire a cambiar hábitos, a educar co exemplo e a comprometernos de verdade co coidado da creación.

Porque coidar a natureza é, no fondo, coidar a vida.

Comentarios