«A forza do noso amor laranxa» artigo de opinión de Mario Pillado
Escribo estas verbas mentres ultimo os preparativos da viaxe...e recuperándome aínda da perda da miña nai. É unha perda irreparable, pero tamén é certo que esta tempada voltei á Familia Laranxa. Nunca a deixei de todo. Pero desta volta gañei novos compañeiros, en especial unha gran compañeira, unha irmá pequena, Belén Feal. Moitísimas grazas por todo.
Probablemente, nesta supercopa de Tenerife as Guerreiras Laranxas (sempre o serán, gañen ou perdan) non partan coma favoritas pero estou seguro que van tentar aprobeitar a súa oportunidade e defender un escudo e unha camiseta con toda a dignidade.
Sempre digo que Burela é amor. Neste caso amor laranxa. O amor que a familia laranxa vai sentir sempre polas súas guerreiras e os seus pícaros. Gañen ou perdan. Vivan ou morran. O amor que vou sentir sempre pola miña nai, porque a forza do noso amor non pode ser inútil.
Isto é Burela e aquí hai que Amar!!!
Mario Pillado Mon
Tenente de Alcaldesa de Burela e adestrador do filial femenino do CD Burela FS