«Os Verdes: Os bos e xenerosos», artigo de opinión de Mario Pillado

Fotografía de arquivo das rrss da SD Burela.

«...O club máis antigo da vila, case seis décadas de vida compartida, xógase moito máis ca un resultado. Xógase o latexo dunha forma de entender o deporte feita de rapaces e rapazas que estudan, traballan e adestran sen outra recompensa que o orgullo de vestir uns cores»

 

Escribo estas liñas antes de comezar a fin de semana, que desta volta está claramente marcada por celebrarmos as nosas letras, o noso idioma e a nosa cultura. 

En Burela contaremos coa presenza de varios centos de palilleiras, presenciaremos ós nosos veciños e veciñas que están chamados a participar nas eleccións lexislativas de Cabo Verde e celebraremos co Mago Antón 50 anos de maxia. 

Pero se algo temos na cabeza, se algo nos ten dende fai días espectantes é o partido deste domingo ás 18 da tarde na Marosa. 

O colectivo mais antigo da vila, que vai facer xa 60 anos, xógase a permanencia en Preferente Galicia. Un grupo de rapaces, estudantes e traballadores, liderados por un equipo directivo exemplar na xestión e cun proxecto xenial.

Se non se consegue o obxectivo non vai pasar nada, o proxecto segue en Primeira Galicia. A veciñanza de Burela seguiremos sentindo este tremendo orgullo que temos polo grupo de rapaces e rapazas que forman esta familia que temos na Marosa.

O que de verdade está en xogo é ver que é posible este modelo de xestión deportiva, que compite con equipos con moitos mais medios e recursos. Que é posible estar en Preferente con chabales que non cobran un peso fronte a planteis de categoría incluso superior que se moven de xeito lícito polo que cada clube lles pode aportar económicamente. Mais deporte afeccionado e de base, mais SD Burela. 

Un exemplo no que deberan mirarse outras institucións deportivas, algunhas delas con serios problemas.

Todos á Marosa!!!  Arriba Verdes!!!!

Mario Pillado Mon

Tenente de alcaldesa e socio familiar da SD Burela