Entregáronse os premios da feira de gando cabalar das San Lucas

Entrega premios gando cabalar San Lucas
O deputado de Medio Rural Daniel García participou este mediodía na entrega de premios da Gran Feira Cabalar das San Lucas, en Mondoñedo, onde se recoñeceron as mellores ganderías e exemplares da feira e da baixada tradicional.

Así, recibiron premios as ganderías con máis exemplares na feira e na baixada, así como os mellores exemplares (macho e femia) de Pura Raza Galega, Pura Raza Árabe e Pura Raza Española, os mellores cabalos de tiro, de silla, e tamén os mellores burros e os mellores poldros nados en 2023.


Daniel García destacou «o recoñecemento e visibilidade que As San Lucas dan ao gando cabalar e aos gandeiros e gandeiras que os coidan durante o ano, facendo un traballo fundamental para o coidado dos montes e a conservación das paisaxes tradicionais» e resaltou «o dinamismo desta gandería na comarca da Mariña, reforzado pola xuventude de moitos dos gandeiros e gandeiras que participaron na baixada e na feira».

Comentarios