ACISA Ribadeo pone en marcha su bolsa de empleo

Carmen Cruzado y Jesús Pérez
photo_camera Fotografía: ACISA Ribadeo.
Se trata de un servicio que ofrece a sus asociadas y asociados de cara a las temporadas de Semana Santa y verano.

Acisa Ribadeo presenta un año más su bolsa de empleo. La presidenta de la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos, Carmen Cruzado ha destacado la dificultad cada vez mayor de encontrar personal cualificado para cubrir las diversas necesidades de empleo en sectores como la hostelería, el comercio y los servicios.

"As causas poden ser moitas, pero o que sabemos obxectivamente é que os nosos negocios necesitan persoal de cara a esta Semana Santa, pero especialmente para o verán e moitos deles están xa na busca activa de camareiros, cociñeiras, axudantes de cociña, dependentas, recepcionistas, gobernantas ou limpadoras, entre outras e outros” indicó Carmen Cruzado.

Por su parte, el gerente de ACISA, Jesús Pérez, señaló “por sorte a tempada turística cada vez comeza antes, estamos ás portas da Semana Santa, coa que contamos dar o pistoletazo de saída á nova campaña turística, e na que esperamos unha gran afluencia de visitantes. En pouco mais dun mes temos a ponte do 1 de maio e as Letras Galegas, e a partir de aí enlazamos todas as fins de semana con diversos torneos e eventos, que atraerán a miles de persoas a Ribadeo. Por iso urxe ir cubrindo estas vacantes para que poidamos ofrecer dende os nosos negocios o mellor servizo posible. Esta bolsa de emprego cremos que pode ser un servizo moi importante e útil para as asociadas e asociados de Acisa Ribadeo, tanto para as nosas empresas como para as persoas que se atopan na busca activa de emprego”.

Pérez Prada manifestó que “deste xeito Acisa pon a disposición un ano mais o seu programa de emprego, cunha canle bidireccional. En primeiro lugar, recordámoslles aos nosos socios e socias que poden enviarnos as ofertas de emprego si necesitan cubrir vacantes e nos publicámolas nas nosas redes sociais e enviámoslles os currículos que teñamos na nosa base de datos. E en segundo lugar, a novidade deste ano é que toda aquela persoa que estea buscando traballo en calquera posto relacionado coas empresas asociadas a Acisa Ribadeo pode enviarnos o seu currículo ao seguinte correo electrónico [email protected] indicando qué empregos son do seu interese e nos terémolos na nosa base de datos e así cando chegue unha oferta laboral, poderemos enviar todos os currículos susceptibles de cubrir ese posto de traballo ás empresas asociadas a Acisa Ribadeo”.

Cruzado Iglesias añadió “este servizo ven dando un bo resultado sempre. A bolsa de emprego de Acisa Ribadeo é moi útil. Así nolo trasladan tanto empresarios como potenciais traballadores ao longo do ano. Sabemos que nacen moitos contratos tanto no comercio, na hostalería como nos servizos asociados. En Ribadeo hai traballo en moitos sectores: en bares, en restaurantes, en hoteis, en comercios, en empresas de servizos e tamén en moitas industrias. De aí que animemos aos demandantes de emprego e ás empresas asociadas a sumarse á bolsa de emprego de Acisa”.


 

Comentarios