ACISA Ribadeo hace balance de 2024, el que considera «moi positivo». Desde el colectivo empresarial informan que organizaron cerca de 50 actividades, colaboraron en más de diez eventos de otras entidades y en la actualidad suman casi 170 asociados y asociadas. Establecen para 2025 «o obxectivo de seguir medrando en número de socios».
La presidenta de ACISA, Carmen Cruzado, asegura que «queremos que se sumen máis empresas a ACISA Ribadeo. A organización de actividades, a entrega de materiais gratuítos, o asesoramento e a colaboración avalan o traballo que estamos a realizar, o proceso de remodelación que vimos de facer e as novas axudas permitirannos ofrecer máis e mellores servizos».
El gerente de ACISA, Jesús Pérez, explica que «hoxe facemos balance do 2024 no que organizamos 48 actividades, cifra récord, e repartimos un gran número de materiais, preto de 60.000. Colaboramos con 13 entidades ou eventos deportivos, culturais e festivais como o Torneo de Veteranos, coa SD Ribadeo, coa Media Maratón, co Xara Fest, co Vendaval Fest e coorganizamos, xunto ao Concello, o Entroido, o Ribadeo Indiano ou o Nadal, actividades que atraen a miles de potenciais clientes ao longo do ano».
Pérez Prada declara que «estamos moi satisfeitos co traballo realizado este ano, puidemos asentar campañas importantes como o Rasca e Gaña, as xornadas de exaltación gastronómica, os cursos de formación, e con melloras noutras citas como San Valentín ou as xornadas Asturias en Ribadeo. Tamén seguimos a colaborar co Concello de Ribadeo nas Panchas, no Ribadeo Indiano, coa Xunta no Bono Activa; e coa Federación de Comercio, nas súas campañas como os Días Azuis ou Merca Local. No tocante aos materiais puidemos repetir cos vasos de plástico, vasos térmicos, envases e bolsas de comida para levar, bolsas de botellas de viño, bolsas para o comercio, mapas turísticos, materiais de rebaixas e este ano incluímos tamén como novidade os vasos para o ocio nocturno e as bolsas de comercio de tea».
Referente comarcal
Carmen Cruzado señala que «Ribadeo segue sendo referente comarcal tanto en Galicia coma en Asturias no comercio, na hostalaría e no turismo e tamén a nivel nacional. Somos o mellor lugar para comprar, para saborear a exquisita oferta gastronómica da nosa hostalaría e somos o centro comercial coas mellores vistas. Poucos lugares poden ofrecer tanto coma Ribadeo».
Así, la presidenta añade que «desde ACISA seguiremos a traballar nos nosos obxectivos, que son facer medrar a Ribadeo e aos seus negocios, axudando a manter eses máis de 600 postos de traballo que xeran os nosos asociados e asociadas e tamén queremos que a nosa asociación siga en auxe para poder organizar moitas máis actividades. Un dos principais obxectivos para o 2025 é seguir medrando en número de negocios asociados, é algo no que levamos traballando desde que chegou esta directiva a ACISA no verán de 2022».
Presupuesto
El gerente de ACISA informa que «se falamos de cifras, este ano 2024 manexamos un presuposto que no peche de contas roldará os 138.000 euros, aumentando así as previsións iniciais e o presuposto do ano anterior e que estimamos que puideron xerar varios millóns de euros en movemento económico ao longo de todo o ano. Máis de 51.000 euros foron para campañas propias de ACISA, máis de 21.000 destináronse a materiais gratuítos para socios, repartíronse máis de 7.000 euros en vales de compras así como dous grandes premios en forma de viaxes, valorados en preto de 5.000 euros, e destinamos preto de 6.000 euros a colaboracións con outras entidades. Outro dato récord foi o dos ingresos por patrocinios privados que neste 2024 estiveron confiando e apoiando a ACISA cunha cifra histórica que chegou aos 15.230 euros. Iso quere dicir que somos un referente para eles e que o noso traballo, a nosa asociación e as actividades que organizamos son un bo escaparate para estas firmas».
Cruzado agradeció «a gran axuda das empresas privadas que estiveron con nós na Festa do Comercio do 2024 e van estar no 2025, estiveron na Gala de ACISA e volverán estar. Contamos con empresas para o Ribadeo Indiano e contaremos de novo coa súa presenza o vindeiro ano. E grazas tamén ás firmas asociadas que estiveron ao noso carón noutras campañas, doando premios, algo que tamén é de agradecer e de destacar neste peche do ano. Tamén aproveitamos a ocasión para lembrar a colaboración da OPP de Burela, de Celtagal e de Asoporcel, xa que grazas á súa xenerosidade puidemos organizar diversas xornadas gastronómicas ao longo de 2024, que foron un reclamo para Ribadeo e para a súa hostalaría».
Pérez Prada subraya que «xeramos unhas 1.000 publicacións en prensa, o noso perfil de Facebook segue medrando con máis de 6.000 seguidores e varios centos de miles de visualizacións ao ano e a nosa web conta con máis de 50.000 visitas anuais, servindo estas plataformas como medios de publicidade e promoción dos nosos asociados e asociadas».
Así, desde ACISA Ribadeo agradecen a sus socios y socias su confianza y el trabajo que realizan, y añaden que «queremos tamén dar grazas ás administracións local, provincial e autonómica por seguir colaborando con nós ao longo do ano, atendendo as nosas necesidades e peticións. Falamos do Concello de Ribadeo, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia. Aproveitamos a ocasión para desexarlle á veciñanza de Ribadeo e aos visitantes un feliz e próspero 2025 e animámolos a seguir apostando por esta vila, polo seu comercio, pola súa hostalaría, polos seus servizos e por Ribadeo como destino turístico».