Este fin de semana se celebrará la Festa das Cruces en A Ponte de Arante

140524 Foto As Cruces presentacion (1)
Declarada de Interese Turístico Galego, habrá pregón, actuaciones musicales, comida y el tradicional bandeo del pendón y la reverencia de las cruces, entre otras actividades. 

Este fin de semana, sábado y domingo, se celebra en A Ponte de Arante la romería de As Cruces, declarada Festa de Interese Turístico Galego. Habrá pregón, actuaciones musicales, comida y el tradicional bandeo del pendón y la reverencia de las cruces, entre otras actividades. 


El alcalde de Ribadeo, Dani Vega, destacó en la presentación que «toda esta organización, a recreación da batalla ou xa a cuarta comida que se vén celebrando aquí, que é ese punto de encontro que fai máis grande este lugar, que se xunten todos os peregrinos en torno a un prato para degustalo e desfrutalo entre todos. E despois tamén hai esa actividade musical que é importante. Pero o domingo, que é o día grande, queremos todos recordar ese encontro das sete parroquias e o bandeo do pendón, que iso é o que nos diferenza. Realmente a festa de interese turístico autonómico é polo bandeo, é polo punto de encontro das sete cruces das sete parroquias e é por recordar esa batalla contra as tropas francesas. E polo tanto nós, como gañadores, debemos destacalo».


El regidor municipal dijo: «hai que felicitar á organización, a Roberto Rodríguez, aos veciños e veciñas non soamente da parroquia da Arante senón do entorno que colaboran tamén economicamente e debemos darlles as grazas de corazón. E ás institucións: o Concello fai o que ten que facer, que é colaborar, e a Xunta de Galicia axuda economicamente para que esta festa siga celebrándose». 


El pregonero de la fiesta, Roberto Rodríguez, explicó: «como teñen a intención de que haxa un pregoeiro ou pregoeira cada ano, pedíronmo e ao principio pídeche o corpo dicir que non, pero é imposible porque veñen en nome da Virxe das Virtudes e a ver quen é o que se atreve. Estou moi orgulloso, por suposto, porque é unha festa moi representativa do noso e todos ao longo da nosa vida pasamos por As Cruces máis dunha vez».


En representación de la comisión organizadora habló Suso García, quien comentó que «os actos da festa das Cruces vanse celebrar os días 18 e 19 de maio. O sábado 18 empezaremos ás doce da mañá na igrexa co pregón a cargo de Roberto Rodríguez e a continuación o concerto de Manoele de Felisa. E o domingo 19, que é o día grande, farase a bendición dos campos ás 12:30 horas, teremos a procesión, o bandeo do pendón e a reverencia das cruces, todo isto amenizado polo Grupo de Gaitas de Tovar. A continuación celebrarase a misa e logo haberá a sesión vermú co grupo Fénix. Despois ás tres terá lugar a comida de fraternidade para todos aqueles que queiran vir e compartir con nós unha hora moi amena; estará servida por Chao dos Navais. A continuación farase a representación da batalla por Queiman e Pousa, seguidamente haberá o musical 'Camiñantes e Cantantes' e rematará a festa co grupo Fénix».

En el acto de presentación del evento participaron miembros de la comisión de fiestas de As Cruces de Arante, el pregonero, el alcalde y las concejalas de Cultura, Benestar Social y Atención Cidadá, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra y Montse Seijo.