El BNG quiere que Ribadeo cuente con un parque canino

bng ribadeo
photo_camera Fotografía: BNG Ribadeo.

El BNG de Ribadeo presenta una moción para instar al gobierno municipal a la creación de un parque canino en el entorno de la villa.

El BNG presenta una moción al pleno en la que insta al Concello de Ribadeo a crear un parque canino dentro del espacio urbano. “É unha medida que levábamos no noso programa electoral e, tamén desde a oposición, queremos ser propositivos e prácticos para as veciñas e veciños de Ribadeo. Despois desta primeira proposta seguiremos presentando medidas e iniciativas ao longo do mandato. Intentaremos chegar a acordos co resto dos partidos que conforman a corporación para conseguir sacalas adiante”, según indicó el concelleiro Martín Graña.


En cuanto a esta propuesta Martín Graña también explicó que “os cans son sentidos como membros das familias e forman parte do noso día a día desde hai moito tempo. Nos últimos anos consolidouse a tendencia a convivir con mascotas nos ámbitos urbanos. Esta convivencia pode chegar a provocar molestias para as persoas en xeral e para os propios donos das mascotas en particular no momento en que hai que sacalas á rúa para que paseen e fagan as súas necesidades. Esta problemática non é nova, e nos últimos anos lexislouse para asegurar o mantemento da hixiene e seguridade na vía pública e traballar na concienciación cidadá. Unha vez asegurado o respecto ás normas de hixiene e seguridade, e tendo en conta os avances en recoñecemento e coidado aos animais dos últimos anos, o seguinte paso é dotar as vilas e cidades de lugares de lecer acoutados, acondicionados e amplos para que os cans poidan xogar e correr libremente sen ter que saír do casco urbano".

"Un parque canino é un espazo público no que os cans poden cubrir determinadas necesidades como socializar, realizar exercicio, pasear sen correa, etc. Todo iso nunhas boas condicións de salubridade e seguridade, tanto para os animais como para as persoas que os acompañan" añadió.